martes, 11 de noviembre de 2014

ESTAMOS "emPANados" !!!

Hoxe tivemos unha sorpresa boísima. O luns estivemos a falar do pan marroquí e a nosa compañeira Fátima trouxo varios pans  feitos pola súa nai, Moulouna, para non deixaramos nin migalla.
O pan está feito con fariña, auga, levadura e sal.
Aproveitamos para falar dos 5 sentidos e como empregabamos todos eles á hora de xantar. A vista para saber se unha comida ten boa pinta, o olfacto para oler cousas ricas, o gusto, o oido e, por último, o tacto para coller a comida e logo rematar chupando os dedos.


Grazas Fátima e Moulouna!

SORPRESA!
                                                            
    






Se apuntan a todo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario