Mostrando entradas con la etiqueta proxecto animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto animais. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2015

UN NIÑO DE PAXAROS

Diego da clase de 1º B trouxo un niño de andoriñas a nosa clase para que puidesemos ver a inxeniería destas aves.


miércoles, 13 de mayo de 2015

O PADLET DOS RÉPTILES

Este o código QR do noso padlet dos réptiles. Para visionalo podedes pinchar sobre o código ou ben cunha aplicación de lectura de códigos, capturades a imaxe e xa vos leva á páxina.
Este padlet estará en constante cambio, pois aínda quedan moitas cousas na reserva. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e apoio e, sobre todo, aos meus "Sapoconchos".

jueves, 16 de abril de 2015

ESCHER.

Continuando co noso traballo cos réptiles, hoxe toca un artista Escher e o seu famosisimo debuxo-puzzle de réptiles. Fai click na imaxes para saber máis.

lunes, 13 de abril de 2015

SALAMANQUESA.

Atopamos a resposta ao enigma de que animal era aquel que trouxo  desecado Víctor de 1ºC é unha salamanquesa, un tipo de réptil, bastante común. Si picades sobre a dirección web aprenderedes máis cousas deste réptil.

CONTACONTOS DO XOVES : UN CAMALEÓN CAMALEÓNICO.

                                           Primeiro, un réptil...ao final, non se sabe o que.

domingo, 12 de abril de 2015

MOSTRA DE ANIMAIS: VÍCTOR

Víctor de 1ºC trouxo os restos dun animal desecado que atopou a súa nai. Non temos moi claro de que especie se trata pois parece que tiña cola, e a terminación dos seus pés parece de anfibio, aínda que o corpo semella de réptil. Se alguén ten algunha idea ...contádenos...MOITOCONTO!

martes, 31 de marzo de 2015

PADLET. A ferramenta para crear murais / pósters dixitais.

PADLET é a aplicación que imos empregar para reflictir o noso traballo cos réptiles. Á volta das vacacións xa teremos as tablet para traballar con elas. Deixovos un tutorial en español para, si queredes, ir entrenando. Hai que baixarse a aplicación gratuíta desde o Play Store de Google.


martes, 24 de marzo de 2015

REGALIÑO DE YLENIA.

Hoxe Ylenia de 1ºC trouxo de agasallo para a nosa clase dos réptiles un debuxo de dous réptiles acuáticos. Grazas!

domingo, 22 de marzo de 2015

MÁIS ANIMAIS VISITANTES.

Hoxe, Alex de 1ºB troxo ao cole un escaravello dourado en unha enorme araña que nos ensinou a todos na hora do contacontos do xoves. Grazas!

martes, 10 de marzo de 2015

VISITA DE MATÍAS. iNSECTOS.

Hoy ha pasado por nuestra clase Matías, de 1ºB, para enseñarnos un escarabajo grande y una araña blanca. ¡Gracias Matías!

jueves, 5 de marzo de 2015

CONTACONTOS DO XOVES: COCORICO



Seguimos cos nosos contos sobre animais. Turno dunha ave e un mamífero: Cocorico e Gato Pelado.
 Loreto de 1ºB trouxo a súa tartaruga e Alex un escaravello, para ilustrar os exemplos dun réptil e un insecto.
Loreto e a súa tartaruga.

O escaravello de Álex.

lunes, 2 de marzo de 2015

COIDADO CO TIL! : CÁGADO

Hoxe,  grazas a Jorge Ares , aprendemos a importancia de poñer os tiles correctamente. Jorge trouxo un cágado de rá para ilustrar a metamorfose dun anfibio. Ollo! Cágado non cagado. Non é o mesmo!

jueves, 26 de febrero de 2015

.CONTACONTOS DOS XOVES: Cuento maleta: La pequeña oruga glotona.



Hoxe comezamos un ciclo na hora de ler, que será de contos sobre animais que estamos a traballar no proxecto colaborativo nas clases de 1º e de 2º de Primaria. Cada grupo está a traballar e a recoller información sobre un tipo de animal:

                               1ºA : réptiles.                     2ºA : aves.                        
                               1ºB : insectos.                    2ºB : peixes.
                               1ºC : anfibios.                    2ºC : mamíferos.