Hoxe tivemos a oprtunidade na nosa saída de coñecer o porque do título da exposición. Foi unha exposición acompañada das magníficas explicacións do noso guía Pablo a traves da primeira etapa de pintor de Pablo Ruíz Picasso que, tivemos a sorte de que se desenvolvera na cidade da Coruña.
Da nosa visita non hai fotos pois non estaba permitido facer fotos nen gravar en toda a exposición.
Aprendemos un montón como que Picasso viaxou coa súa familia (o seu pai, José Ruíz, a súa nai María Picasso, e as súas irmás Conchita e Lola) dende Málaga ata Vigo nunha travesía en barco que durou 7 días e ,despois dende Vigo a Coruña por tren que tardou 18 horas.
Na Coruña Picasso practicou a debuxar esculturas, do natural...debuxos cos que encheu moitos cadernos. Tamén aprendimos que se pode pintar sobre lenzos e sobre tabliñas. Vimos a súa antiga caixa de pinturas que levaba consigo nos seus paseos polas rúas da Coruña.
Agora só queda practicar, practicar e practicar...Houbo xente que dixo que Picasso nunca chegaría a ser un bo pintor...persigamos os nosos soños!
No hay comentarios:
Publicar un comentario