Hoxe fixemos macedonia todos xuntos. Primeiro, anotamos os ingredientes ( froita variada, zume de laranxa natural e azucre). Despois, pensamos nos pasos para a súa preparación e, ao final, papamos todo o bol de rica froita.
Traballamos a motricidade fina expremendo as laranxas e cortando os plátanos.
Traballamos o concepto de metade e de dobre cando partimos as 10 laranxas en metades e convertíndoas en 20 metades , unha para cada un.
Observamos as sementes: moitas na laranxa, unha soa na cereixa e por fóra nos amorodos.
Aprendemos que hay que recoller despois de acabar.
Aproveitounos moito esta macedonia. Agora a repetir na casa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario